domingo, 23 de novembro de 2008

Cultos, intelixentes, capaces & mediocres.



<<
E
sta é a galería de arte. As persoas que venhem por aquí som cultos, e canto máis cultos som eles máis intelixentes pensam que som por asistir.>>




<<
- Eu puiden chegar a ser...!
- Que?
- Pois o que quixera, umha manchea de cousas, ministro ou algo así.
- E logo, que foi o que cho impediu?
- Pois nom gostaba moito de estudar, e puxen-me xa de mozo a trabalhar...
- Poide-ches ter estudado pola túa conta, ou en escolas nocturnas...
- Sí, pero estaba xa moi cansado
- Xa, claro, e agora?
- Agora xa é tarde… xa me foderon a vida…
- Quen che fodeu a vida?
- Todos!, todo o mundo…!
- Todo o mundo? Pois isso é muita xente…
- Non, pero quen ten a culpa de todo o que me pasa é goberno!
- O Goberno? Pois tamén che son bastantes aí… e, eles sábe-no?
- O Presidente ten aa culpa de todo, porque senon as cosas nom estarían así e a min nom me irían tan mal…!
- Ah! o Presidente nada menos! Pois si que eres un fulano importante. E... estás seguro de que el sabe todo o que che ten feito?… nom sei se poderá durmir pola noite… >>

<<Os capaces compiten entre si e os mediocres únen-se contra os capaces. É así que a meirande parte das veces, os mediocres triunfan sobre os capaces.>>

sexta-feira, 24 de outubro de 2008

Préga-se não molestar

Hai persoas que molestan.

Hai persoas que cando van no autobús, no tren, ou no ferry Cangas-Vigo molestan. Algúns levan auriculares nas orelhas, con música a alto volume, a un volume tan alto que as persoas da súa contorna escoitan o lamentábel son que emerxe dende as orrellas do suxeito. Algún, embriagado pola bebedeira de son auditivo, incluso se desmadra, e comeza a susurrar, a tararear estribilhos, a dar golpes nos xeonlhos intentando marcar un ritmo 4x4... que non logran acadar... e os máis ousados chegan a cantar! Molestan. Mais eles sínten-se sexys, é-lhes do seu gostar seren observados, alimenta a súa desgastada autoestima.

Hai persoas, que, pola contra, nom lhes é preciso levar música. Básta-lhe un nariz cheinho de luras, un nariz que ronca estando desperto. Ansías dicir "Perdoe, sóne-se". Mais a educación tápa-che a boca. Ah! educación! que pouca tenho, e canta me sobra...

Hai persoas, que nom tenhem por costume leer os cartazes nos que pon "Préga-se silêncio".

Hai persoas que molestan. Mais ata eu podo ser umha desas persoas. Préga-se não molestar.

sábado, 4 de outubro de 2008

Fornicación con Consentemento do Rei




Sabiades que antigamente na Inglaterra as persoas que non foxen de familia real tiñan que pediren autorización para manteren relacións sexuais?

É dicer, cando as persoas querían ter fillos, tiñan que pediren consetimento ao rei, o cal, ao permitiren o coito mandaba entregar-lles unha placa que debía ser pendurada na porta da casa coa frase Fornication Under Consent of the King (Fornicación con Consentemento do Rei), id est, F. U. C. K.

Xa en Portugal, debido à baixa natalidade, as persoas eran obrigadas a manteren relacións: Fornicação Obrigatória por Despacho Administrativo, polo tanto, F. O. D. A.

Outra frase diferente era que tiñan que poñer aqueles que foxen solteiros ou viúvos: Proceso Unilateral de Normalização Hormonal por Estimulação Temporária Auto-induzida, coas siglas P. U. N. H. E. T. A.

Por outra banda, na mairoría dos países nórdicos, os xefes trivais das comarcas podían elixir a muller coa que desexaban intimar. Mais, logo cando consumaban, o xefe colgaba enriba da porta da súa casa uns cornos, para que toda a parroquia soube-se do privilexia que tiña a súa familia e, o cabeza de familia (id est, o home da muller que cameaba co xefe) lucía orgulloso os seus cornos diante de toda a xentiña. De ahi poñer os cornos.

Porén, existe outra versión que di que como os vikingos tardaban moitos meses en voltar das súas viaxes por mar, en ocasión presumía-se que o barco afundira. Logo, a muller de calquer hipotético afogado tiña dereito a casar en segundas nupcias, nembargante, debería poñer uns cornos enriba da porta, por se algún día o primeiro esposo voltaba, daren-se por aludido.

P. S.: Não creades tudo o que ledes!!! ;P

quarta-feira, 1 de outubro de 2008

Equilibrio desequilibrado



... e nese intre das-te conta de que a ansiedade xa ten o teu sistema nervioso invadido, abres os olhos, cerra-los, os teus dentes renxan... queres retroceder, buscas o equilibrio... onde pode ser que o perdera? pero a desexada harmonía xa non voltará. Intentas retroceder nos teus pasos, pero o caminho andado xa está soterrado, demasiadas experiencias e demasiados recordos (non só malos, tamén bos) impiden ver el percorrido que te levou a esta situación...

Recapitulas, pensas que, realmente nom podes voltar... tranquilízas-te, e das-te conta de que tampouco queres voltar ao equilibrio que estranhas... agora es un desequilibrado, e amas ese estado de ánimo que odias.

Gústan-me os péndulos: extremo, equilibrio, extremo oposto, equilibrio...

quinta-feira, 18 de setembro de 2008

Como vou a detestar este blog...

Como dicía Joan Manuel Serrat "Hoy puede ser un gran día [plantéatelo así]" para crearen un blog, pois neste mundo de mentes dementes quen nom ten un é porque non quere... he aquí a minha pequena aportación ao mundo blogueiro.

Por certo, detesto escribir.